Actualidade | canle RSS

-

Touriño adianta que a Xunta investirá 31 millóns de euros no Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración 2008-2011, orientado aos inmigrantes que residen en Galicia

“Cidadanía, integración e respecto: esas son as tres ideas clave para afrontar con éxito os novos movementos demográficos do século XXI, nuns momentos, ademais, de crise económica, que esixen maiores esforzos de solidariedade e acollemento” asegurou Ler máis (14:05 - 07/01/2009)

-

Pesca e federacións de confrarías acordaron colaborar nos próximos meses para o desenvolvemento da normativa derivada da nova Lei de Pesca de Galicia

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos mantivo este mediodía en San Caetano unha xuntanza cos presidentes das federacións galega e provinciais de confrarías de pescadores para abordar asuntos de interese para o sector pesqueiro da nosa comunidade autónoma Ler máis (20:01 - 07/01/2009)

Política Territorial colabora co concello de Cortegada na redacción do Plan Especial do Parque Termal

A Consellería achega 90.000 euros para a ordenación urbanística e impulsa así estas instalacións públicas que contribuirán ao crecemento económico da vila Ler máis (14:38 - 07/01/2009)

A EGAP convoca un curso sobre a responsabilidade patrimonial das administracións públicas

Desenvolverase na EGAP do 26 ao 30 de xaneiro e do 2 ao 5 de febreiro e as solicitudes poderán presentarse ata o 19 do presente mes Ler máis (13:34 - 07/01/2009)

A Consellería de Traballo destina 70.000 euros aos premios ao cooperativismo no ensino 2009

No concurso poderán participar os colexios e os alumnos de ensino infantil, primario, secundario e formación profesional de Galicia Ler máis (13:17 - 07/01/2009)

María José Caride asina un protocolo para o fomento do transporte marítimo na ría de Vigo

A Consellería e os concellos de Cangas, Moaña e Vigo comprométense a que o transporte de ría sexa o primeiro modo en adaptarse ao novo plan de Transporte metropolitano no que está a traballar a CPTOPT Ler máis (13:09 - 07/01/2009)

Fernando Blanco inaugura en Cervo a nova rede de telecomunicacións sen fíos do polígono industrial de Cuíña

A Consellería de Innovación e Industria desenvolveu unha instalación con tecnoloxía Wimax que dará cobertura de banda larga ás empresas localizadas no polígono e ás súas zonas estremeiras Ler máis (12:56 - 07/01/2009)

A Xunta de Galicia licita por 50 millóns de euros o tramo da Terceira Rolda da Coruña entre a estrada vella de Arteixo e o polígono de Pocomaco

Trátase do último treito da autovía de seis carrís de circulación que está a construír a Consellería de Política Territorial Ler máis (11:33 - 07/01/2009)

A galescola de Gondomar entra hoxe en funcionamento con 74 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

Xunto ás galescola de Nigrán e Baiona, a comarca do Val Miñor aumenta así a súa rede de equipamentos públicos para os máis pequenos Ler máis (11:32 - 07/01/2009)

logotipo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a